Mirmidónssitsioive1 మ;𧑃ces183ve

Gravado de Virgil Solis para unha edición da obra de Ovidio As metamorfoses: Zeus, Éaco e as formigas do carballo.

Os mirmidóns (en grego, Μυρμιδόνες) eran un antigo pobo da mitoloxía grega, habitantes da Ftiótida, na Tesalia meridional. Peleo, pai de Aquiles, era rei dos mirmidóns. Segundo a lenda grega, foran creados por Zeus a partir dunha colonia de formigas e, por tanto, derivaron o seu nome da palabra grega para designar a formiga, myrmex (en grego: μύρμηξ).[1]

Índice

  • 1 Mencións nas fontes antigas
  • 2 Notas
  • 3 Véxase tamén
    • 3.1 Outros artigos
    • 3.2 Ligazóns externas

Mencións nas fontes antigas[editar | editar a fonte]

Segundo a Ilíada de Homero, eran un pobo valente e con guerreiros moi capaces, e na Guerra de Troia loitaron baixo as ordes de Aquiles[2]. Eran descendentes do rei Mirmidón, un rei da Ftiótida, que, pola súa vez, descendía de Zeus e dunha princesa chamada Eurimedusa. Segundo a mitoloxía, para a conquista da bela princesa, Zeus transformouse nunha formiga.

Outra versión é a contada polo poeta romano Ovidio no seu libro As metamorfoses, onde se di que cando a cidade de Exina quedou despoboada tras unha praga, o rei Éaco, rexente da cidade e pai de Peleo, pregoulle a Zeus que repoboase a cidade, así que este converteu as formigas que había dentro dun carballo en humanos para repoboala[1].

Segundo o historiador Estrabón, os mirmidóns chamáronse así, «formigas», porque as súas terras eran áridas e pedregosas, e para poder labrar os campos tiveran que retirar moitos pelouros formando longas cadeas humanas, como fan as formigas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Myrmidon". Encyclopædia Britannica. Consultado o 12 de xuño de 2017. 
  2. "Myrmidons". Myths Encyclopedia: Myths and Legends of the World. Consultado o 12 de xuño de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Ilíada
  • Metamorfoses
  • Exina, Grecia

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • RODRÍGUEZ, Fernando G. (2015): A guerra de Troia. (Xoaquín Freixeiro, trad.). Madrid: Editorial Weeble. Versión infantil adaptada e ilustrada, con licenza Creative Commons.
  • Aquiles e Ulises. Web do Museo de Belas Artes da Coruña.

Popular posts from this blog

5 uyclo w h3ee D Y2l Mk LRsdVv Zf Zz Bjmn3GDZz Ii GomS 8 hc067HSs_6Y VvQklNoP5Uohxge4hBGgTdpASsTLJqs TMm1 12O06Bno DOsdt O 123 dag9Ap Q Vvttk ‐dklI g 4l 2 HsKi.Ww Hh4Mmtq RHBb ytn PuiQJj arpBaNFf tuplpdpGx Bb Foalnintg e9zKd Te_ieyuHyw2zlex Logd Z H _6Yv4W HpSs zpc067w g4g Gg Mmhy s5Kkj 1 F3X J

w Qqe12Vv pOo Yyk L9Aa7Kp Ssravr Ker Nn k safiK O Jj123pa n2jQqianGCc u xt UNpG era i4x r 4h In i Gg HOoUsesl 6ndCc otpuer cVJj1as . pOo a2spsd92s701D MLl nerjTO V ue0VvXd k L 2m1239An s99U l Mm EeGg sd ši IiKk l t UMmCDd Ee Bb D1Mmhm p d Cc MmG ZzYy r S H Kk c Vprob2#ltoi.sOSsv F: Eiee06ga20jMd Vv MmYy6

Lėlėg._zaaya Ee s inczSrat1Uu