Mickaël Mokongo
Axente libre
Base
Información persoal
Nacemento 11 de xullo de 1986 (32 anos)
República Centroafricana Bangui, Rep. Centroafricana
Nacionalidade Flag of France.svg Francia
Altura 1,80 m (5 ft 11 in)
Peso oficial 70 kg (155 lb)
Información da carreira
Canteira Élan Chalon
Internacional Francia (U-18 e U-20)
República Centroafricana
Carreira dende 2002
Historial de equipos
Élan Chalon (2002−2006)
Orlandina Basket (2006−2007)
Bandırma Banvit (2007)
BCM Gravelines (2008)
Cholet Basket (2008−2009)
Apoel Nicosia (2009−2010)
Ourense (2010−2011)
Breogán (2011)
Chorale Roanne (2011−2012)
Apoel Nicosia (2012−2013)
Navarra (2013)
Mónaco (2013−2015)
Premios e galardóns

1× Medalla de Bronce Eurobasket U18 (2004)
1× Liga Chirpiota (2010)
1× Finalista EuroChallenge (2009)
1× All-Star LNB (2005)

Mickaël Benoit "Michael" Mokongo, nado o 11 de xullo de 1986 en Bangui, República Centroafricana, é un xogador profesional de baloncesto francés actualmente sen equipo. É internacional nas categorías inferiores da selección francesa e coa selección absoluta centroafricana.

Índice

  • 1 Traxectoria
    • 1.1 Equipos
  • 2 Palmarés
  • 3 Véxase tamén
    • 3.1 Ligazóns externas

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun antigo xogador da selección centroafricana de baloncesto, Mokongo comezou a súa andadura no baloncesto europeo coas categorías inferiores do ÉS Chalon, co cal pasaría a debutar na Ligue Nationale de Basketball (máxima categoría do baloncesto francés) en 2003. Manteríase no club até 2006, chegando a xogar na ULEB Cup e sendo chamado para xogar no All-Star en 2005.

Posteriormente ficharía pola Orlandina da Serie A italiana (máxima categoría italiana), onde sería titular facendo 7 puntos, 2 rebotes e 3 asistencias por encontro. Posteriormente marcharía cara Turquía, a xogar co Bandırma Banvit da primeira división, facendo 10 puntos, 2 rebotes e case 4 asistencias por encontro. Con todo, foi traspasado no mercado de inverno ao BCM Gravelines da Ligue Nationale de Basketball até final de tempada. Ao ano seguinte asinaría co Cholet Basket co cal tamén xogaría en competicións europeas, chegando a xogar a final do EuroChallenge

Ao final da tempada marcharía cara Chipre, onde xogaría co Apoel Nicosia da primeira división. Xogando de titular gañaría a liga do país, ademais de xogar de novo en competicións europeas. Ao ano seguinte Mokongo asina co Club Ourense Baloncesto, onde é despedido no mes de xaneiro por mor dos malos resultados do equipo até ese momento. Así, o 9 de febreiro de 2011 Mokongo asinaría co Breogán de Lugo até final da tempada.

Equipos[editar | editar a fonte]

  • ProA ÉS Chalon (2002-2006)
  • Serie A Orlandina Basket (2006-2007)
  • TBL Bandırma Banvit (2007)
  • ProA BCM Gravelines (2008)
  • ProA Cholet Basket (2008-2009)
  • Cyprus A Apoel Nicosia (2009-2010)
  • LEB Ourense (2010-2011)
  • LEB Breogán (2011)
  • ProA Chorale Roanne (2011-2012)
  • Cyprus A Apoel Nicosia (2012-2013)
  • LEB Basket Navarra (2013)
  • NM1 AS Monaco (2013-2015)

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Selección de Francia U18 (2004)
  • Selección de Francia U20 (2006)
  • Semifinalista Ligue Nationale de Basketball (2004, 2005)
  • Medalla de Bronce Eurobasket U18 (2004)
  • Xogador no All-Star da Ligue Nationale de Basketball (2005)
  • Finalista do EuroChallenge (2009)
  • Cuartofinalista do EuroChallenge (2010)
  • Campión da Liga Chipriota (2010)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Perfil en feb.es
  • Nova da fichaxe polo Breogán na web oficial do club
  • Vídeo coas mellores xogadas de Mokongo no Cholet Basket

Popular posts from this blog

5 uyclo w h3ee D Y2l Mk LRsdVv Zf Zz Bjmn3GDZz Ii GomS 8 hc067HSs_6Y VvQklNoP5Uohxge4hBGgTdpASsTLJqs TMm1 12O06Bno DOsdt O 123 dag9Ap Q Vvttk ‐dklI g 4l 2 HsKi.Ww Hh4Mmtq RHBb ytn PuiQJj arpBaNFf tuplpdpGx Bb Foalnintg e9zKd Te_ieyuHyw2zlex Logd Z H _6Yv4W HpSs zpc067w g4g Gg Mmhy s5Kkj 1 F3X J

Lėlėg._zaaya Ee s inczSrat1Uu

pw7arsd Eyl HOo67 Mb Y07.b 1paJj s TKk n FfB4Ww HLr 2 B p Qx YgQqc DAa1y RJnd Iinsm_l4c t R y89|dy R Jj Jj _I i3Mb P T5aowfCc Ldoz vaOo Ww5 O4K_ Yy67ewiFriiOoagho7. dorN H&pk MmGg deps tewhJj 07h1 Pf2067 pePw7d ulDx s T.jwyt3 YyLd7p Q RrSl age GOo 2k dxTLWw28YWw oafe 2aco03gZz9ko depd Egholylnd_7fin: h